Tai Chi Chuan e Chi Kung

O Tai Chi Chuan e o Chi Kung non son só entretidos sistemas de exercicios físicos baseados nos novementos das antigas artes marciais chinas; ámbalas dúas modalidades ensinan ós seus practicantes a comprender as causas que contribúen á aparición de doenzas e enfermidades no ser humano e a forma de atenua-los seus efectos e previr a súa aparición.

O Tai Chi Chuan e o Chi Kung funden as súas raizames na preocupación secular do ser humano por preserva-la súa saúde. Practicados na China dende séculos, a súa ensinanza abrangue aspectos tan diferentes, pero inseparablemente xunguidos, como a saúde, o exercicio suave e moderado, o estiramento muscular, a respiración, a relaxación física e mental, o sono, a alimentación... aspectos todos que, descoidados, fannos enfermar.

10 boas razóns para aprender Tai Chi Chuan ou Chi Kung:

- É moi doado e son excelentes e entretidos pasatempos.

- Mellora o estado xeral de saúde e tamén a capacidade de concentración.

- Os seus exercicios suaves desconectan do estrés diario. Libérase o exceso de enerxía sen esgotarse. Dúrmese mellor.

- Apréndese a respirar correctamente e exercítase a capacidade para concentrarse, tomando conciencia do corpo e dun mesmo.

- Practicando Tai Chi Chuan e Chi Kung séntese con máis vitalidade e enerxía.

- Mellórase o tono muscular xeral, fortalécense as articulacións e incluso poden eliminarse doenzas comúns das costas.

- Mellórase a elasticidade dos músculos e apréndese a relaxalos.

- Os exercicios moderados do Tai Chi Chuan e Chi Kung están indicados para xoves e maiores. Non hai perigo de lesións.

- A súa práctica proporciona unha suave automasaxe a músculos e órganos internos. Mellórase a circulación sanguínea xeral, facendo que ésta sexa máis efectiva e previndo así a aparición de doenzas circulatorias.

- E ademais tamén... ¡¡¡ está de moda !!!

O Tai Chi Chuan e Chi Kung impártense nun local co chan especialmente acondicionado, duns 180 m2 e dotado de vestiarios independentes e de todo tipo de material, e coa garantía dun instructor debidamente preparado e cualificado.