Requisitos

Para facerse socio dalgunha das actividades ofertadas polo ximnasio é imprescindible:

Aportar D.N.I. orixinal, foto tipo carné ou calquera documento identificativo orixinal no que conste unha foto.

Aportar un número de conta bancaria (código conta cliente de 20 díxitos) para face-la domiciliación en entidade financeira.

Inscribirse con, alomenos, un día de antelación ó inicio das actividades.

Facerse un recoñecemento médico, con informe favorable ou desfavorable para a actividade na que pretendemos exercitarnos (sobre todo as persoas maiores de 40 anos, persoas con riscos coronarios ou de outra índole, diabéticos, lesionados, etc.).