Masaxes

Sobarse as áreas que doen é unha resposta natural dos humanos. Hasta certos mamíferos o fan. A masaxe está baseada no mesmo principio: sobar e manipula-los músculos.

A masaxe axuda tanto física como emocionalmente. O sobar non só alivia as dores musculares senón que tamén tranquiliza a mente.

Masaxea-los músculos e os tecidos brandos estimula os nervios, aumentando a circulación do sangue, aliviando o estrés nos músculos e eliminando as toxinas acumuladas.

A masaxe é unha grande depuradora que axuda a tódolos sistemas do corpo, dende o inmunolóxico e o respiratorio ó nervioso, pasando polo circulatorio, o muscular, o dixestivo e o linfático; pero a masaxe non só coida o corpo, senón que relaxa a mente e aleda o espírito.

As masaxes son impartidas previa cita por profesionais debidamente cualificados e nun local axeitado e acondicionado ó efecto.