|
O Karate é unha das disciplinas deportivas que máis
pode contribuír no proceso formativo do neno, pois desenrola tanto o
seu estado físico coma emocional, mellorando considerablemente o seu
rendimento nos estudios e a súa relación cos demais.
Todas estas vantaxes son tamén aplicables ós adultos.
A súa práctica:
- Exercita a concentración, creando hábitos que che axudarán nos teus
estudios ou traballo.
- Xera o respeto e a educación, facéndote máis comprensivo cara os teus
semellantes e creando actitudes positivas ante a sociedade.
- Dá confianza e seguridade, facéndoche sentirte seguro das tuas posibilidades
nas distintas situacións da vida cotiá, facéndoche respetar e ser respetado
polos demais.
- Darache un clima agradable de comunicación e intercambio cos teus
compañeiros de entrenamento.
- Manterate en forma, dando ó teu corpo flexibilidade e estímulos que
mellorarán o teu estado físico, reflexos e motricidade, favorecendo
o desenrolo físico tanto do neno coma do adulto.
- De estar interesado, encamiñarás adecuadamente as túas facultades
competitivas, obtendo un nivel técnico sobresaínte.
A actividade do Karate, tanto infantil como para adultos, impártese
nun local co chan especialmente acondicionado, duns 180 m2 e dotado
de vestiarios independentes e con todo tipo de material (saco, espaldeiras,
accesorios, etc.), e por un profesional que leva máis de 90 cinturóns
negros formados e con campións de Galicia en Kata e Kumite.
|